
O GHAMUSTO E A NOITEBOA
Os tempos mudan, e con el a vida de cotio non è a mesma. A nosa paisaxe abandoada trocou o verde do toxo, dos soutos, das fraghas, dos erbales …polo verde desértico dos alcolitos.
A fame doutrora apaghouse con outros alimentos que non son da nosa horta. Os ourizos dos castiñeiros que noutrora aghasallaban as xentes da Alta de Soandres co seu froito (a castaña). eran derrubados pra levar-e nas cainzas dos carros das vacas as eiras. Seghundo se precisaban íanse peteleando cos pes pra quitarlle as castañas que se usaban para una das comidas que aínda se fan a día de hoxe. O Ghamusto. As castañas quitábase-lle a tona de fora e deixábase-lle a de dentro (piollo). Logho poñianse a cocer-e nunha pota cunhas ponliñas de nébeda. Tamén-e había quen lle botaba a falta desta, fiuncho ou maís recentemente anís. Alghun cativo, para facer-e a ghracia metia na pota uns zonchos, que eran as castañas cá tona de fora.
Cos zonchos cocidos tamén-e se facian rosarios con fio de carrete. Os cativos colghabanos do pescozo e cando ían co ghando pro monte levabanos pra cando lles viña a fame. Destonaban neles e comían as castañas. Tamén-e había quen vendía neles na feira . Os rosarios levaban una ou dúas ducias de castañas.
Cheghada a Noiteboa en moitas casas non podían faltar-e as castañas cocidas. Era prato obrighado o ghamusto. A noite seghía con contos e canteghas coma as Noitiñas de Nadal-e ó pé do lume do lar-e.
NELO CHANZEIRAS
As Noitiñas de Nadal-e
noitiñas de ghrande aleghría,
camiñando vai José,
camiñando vai María.....
(cantaba a avoa)
O día de Noiteboa cortabase un bo cepo de loureiro. Cara a tarde-noite botabase no lume do lar-e. Deixabase arder-e nove días ata anonovo. Hai queno deixaba arder-e sen quitalo do lume e queno deixaba arder-e un pouco e sacabano.. Despois dos nove días deixabase no unllar-e.. Na Alta de Soandres o cepo era de loureiro. en Montemaor-e había queno facía de bieiteiro. Noutras partes de Soandres eran con salgheiro ou carballo, aínda que en case todos era o loureiro a arbre cá que se facía o cepo que protexía a casa contra a tronada. Cando se escoitaban os primeiros tronos ou se vían lostreghos ó lonxe collíaseo cepo e botabase no lume ata que pasaba a tronada. Á cheghada das cociñas de ferrro foi unha das causas da desaparición desta tradición que aínda se mantén viva alá da Estrema da Alta de Soandres, en Ghudís - Coiro.
Pra Mercedes, Ramón e Angeles van adicadas estas letras.
NELO CHANZEIRAS |
 |